martes, 12 novembro 2019

O Goberno municipal cede instalacións deportivas a 15 entidades viguesas

martes, 12 nov 2019

O alcalde mantivo un encontro este martes con representantes de 15 entidades deportivas, sociais e educativas para notificarlles a cesión gratuíta de espazos para que poidan desenvolver as súas actividades deportivas. Participaron na xuntanza Down Vigo, Vigo Deporte Base, Asociación Alborada, Doa Saúde Mental, Fundación Menela, Fundación Igual Arte, Tamiar Apamp, os IES Santa Irene, Santo Tomé, A Guía e Teis, o CEIP Altamar, Asociación Galega San Francisco e as Federacións Galegas de Taekwondo e de Tenis.