mércores, 26 agosto 2015

Caballero define de "excepcional" o bus urbano ao novo hospital, con frecuencias e puntualidade do 100%

mércores, 26 ago 2015

O alcalde fixo este mércores un primeiro balance do novo deseño de liñas de autobús urbano ao hospital de Beade, cinco rutas -dúas específicas e tres ampliacións de existentes- que comezaron a operar o luns cuns mil usuarios diarios e cumprimento das frecuencias e puntualidade ao 100%. Co planteamento municipal, os usuarios contan na Praza de América cun bus ao centro sanitario cada 15 minutos.

Manel Fernández di que o G.P. Cidade de Vigo ofrecerá "dous días apaixoantes" de ciclismo na fin de semana

mércores, 26 ago 2015

A mellor proba ciclista de Galicia para afeccionados copará o interese da cidade durante toda a derradeira fin de semana de agosto e en pleno casco urbano. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou a 42 edición do Gran Premio Cidade de Vigo acompañado polo presidente do Club Ciclista Vigués, Carlos Vidal, entidade organizadora, e do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz.