Escoitar

A Sociedade Española de Neuro-Raquis celebrará en Baiona o seu congreso anual

O VIII Congreso da Sociedade Española de Neuro-Raquis atraerá a Vigo do 5 ao 7 de marzo a destacadas figuras da neurocirurxía, entre elas algunhas especializadas no tratamento da columna vertebral, como o doutor británico Stewart Tucker e o alemán Juergen Harms. O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este mércores co doutor Otero Vich, presidente do comité organizador, para tratar da celebración deste evento.<br />

mércores, 27 feb 2008
1204123568neuro270208.jpg
Do 5 ao 7 de marzo, uns 200 neurocirurxiáns de toda España daranse cita no parador de Baiona para exporen os seus últimos traballos realizados, poren ao día os seus coñecementos e compartiren as súas experiencias.

A Sociedade Española de Neuro-Raquis fundouse no ano 2000, de mans dun grupo de neurocirurxiáns que viron a necesidade de crear un apartado especial dedicado ao estudo e tratamento das enfermidades derivadas da columna vertebral. Nesta oitava edición do seu congreso, o Servizo de Neurocirurxía do CHUVI será o encargado de asumir a organización do evento. Á súa cabeza estará o doutor Otero Vich, xefe do Servizo e presidente do comité organizador do encontro.

O programa do congreso conxuga unha serie de comunicacións libres, presentadas polos neurocirurxiáns socios de Neuro-Raquis, cun conxunto de mesas redondas nas que se actualizarán as bases físicas, éticas e legais da práctica médica neste campo.
Descargar todas as imaxes