Escoitar

Medidas de tráfico e seguridade co gallo da Cabalgata de Reis

Co gallo da Cabalgata de Reis deste venres 5 de xaneiro adoptaranse as medidas en materia de tráfico e seguridade que de seguido se relatan.

xoves, 3 xan 2008
1199368009cabalgata08.jpg
Desvíos

- Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido da cabalgata non poderán facelo dende as horas establecidas.
- Aqueles vehículos que circulen pola avenida de Galicia terán que desviarse pola avenida de Bos Aires á travesía de Vigo e o centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal-Beiramar.
- Recoméndase a circulación pola avenida de Bos Aires e travesía de Vigo, así como baixar a Julián Estévez dende Enrique Lorenzo, para poder tomar o túnel ata chegar á rúa Coruña e Bouzas. Os vehículos procedentes da rúa Torrecedeira desviaranse pola rúa Falperra cara á rúa Venezuela.
- Recoméndase non circular pola rúa Torrecedeira e facelo pola rúa Beiramar para os que leven destino Teis e pola rúa Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección travesía de Vigo. Queda pechado ao tráfico o acceso dende a rúa Progreso por Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol. Recoméndase aos vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.
- Preferentemente recoméndase a avda. de Castelao e a circunvalación cara a Arquitecto Palacios. Os vehículos procedentes da autoestrada con saída en Alfonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes. Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzáiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
- Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
- Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, praza de América e rúa Coruña para chegar ao seu destino. Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruzamento da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz. Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral. Aos vehículos que circulen pola travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.
- Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaranse pola rúa O Porto e a rotonda da Paelleira. Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico

Os cortes produciranse en:
- Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo
- Saída da autoestrada a Isaac Peral
- Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón
- Rúa Areal-O Porto
- Rúa Arela-Paelleira
- Rúa Colón-Areal
- Poboadores-San Francisco-Ribera
- Paseo de Alfonso
- López de Neira-Doutor Cadaval
- Alfonso XIII-Cervantes
- Urzáiz-Lepanto
- Urzáiz-México
- Urzáiz-Vázquez Varela
- Candeleiro-Rosalía de Castro
- O Porto-Rosalía de Castro
- República Arxentina-Uruguai

As únicas entradas e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa Coruña-

Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás aos que teñan o seu destina na mesma ou aos usuarios da autoestrada.

Recomendacións finais

- Evitar o uso dos vehículos particulares
- Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e de bombeiros
- Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía
- Manter o control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos
- Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da organización.
Descargar todas as imaxes