Escoitar

Inaugurada a carpa da campaña "De Boa Man"

O acto de inaguración da carpa da campaña "De Boa Man", que tivo lugar hoxe mércores ao mediodía, contou coa presenza da alcaldesa, Corina Porro, e a concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias Bueno.<br />

mércores, 13 dec 2006
O horario da apertura da carpa será de 10.00 a 20.00 horas e o sábado 16 só pola mañá de 11.00 a 14.00 horas.

A ubicación da carpa é a habitual na rúa Príncipe, esquina Velázquez Moreno.

Oito entidades para persoas con discapacidade que dispoñen de centro ocupacional (APAMP, ASPANAEX, DOA, Fundación Menela, San Rafael, ALENTO, ASPAVI ás que se suma este ano COGAMI) expoñen e venden artigos e produtos de calidade realizados polos seus usuarios nunha carpa instalada para a ocasión, dentro dun proxecto conxunto.