Escoitar

Día da Constitución 2006

O Concello organiza o día 6 de decembro un acto institucional con motivo do Día da Constitución. O acto presidido pola alcaldesa da cidade, Corina Porro, terá lugar ás 12 horas no Pazo Museo Quiñones de León no que se dará lectura do Bando por parte do seu autor, Padre Carlos Antonio Ortiz Ramos, director da Asociación Galega San Francisco.

mércores, 6 dec 2006
BANDO DO DÍA DA CONSTITUCIÓN 2006


Neste novo Aniversario, do DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA de 1978, é bo e necesario lembrar, cando menos, o longo iter constitucional iniciado pola carta de 1808 e a primeira Constitución de 1812 que, nun longo percorrido, foron os inicios do que se iría plasmando no ESTATUTO REAL de 1834, as Constitucións promulgadas (1837 e 1845) e as que non o foron, e os Proxectos e diferentes textos ata chegar á Constitución Española Vixente, verdadeira lei nai definitoria de Dereitos e, asemade, delimitadora dos Conceptos que foran esbozados nos textos históricos, como: "Administración", "Goberno", "Senado", "Congreso", "Parlamento", e con incorporacións como a Realidade da nosa Comunidade Histórica de Galicia. Todo un léxico que xa forma parte da cultura diaria e que alcanzaron a súa delimitación, no feito histórico da data que estamos a celebrar.

No día de hoxe, case que tras dous séculos de vaivéns Constitucionais, reunidos en trece textos, existe unha cultura de dereitos básicos recoñecidos e, polo tanto, unha maioría de idade política que pode considerarse o logro principal desta longa evolución.

Pero non podo por menos que apuntar outro aspecto importante da Constitución Española, considerando ésta como marco prioritario da convivencia e concordia. Definicións estas esquencidas en ocasións, ou non debidamente delimitadas. Estas delimitacións serían a base da
convivencia cidadá, nun entorno democrático de País, sen esquecer a sua historia.

Non estamos festexando a un Libro, impecablemente impreso e belamente encadernado, da nosa Constitución Española, que sacamos, unha vez ó ano, da vitrina teórica, senón a oportunidade maravillosa de tomar conciencia de que "todos, absolutamente todos, cabemos en España", dende a dependencia e autonomía de cada un e a súa Comunidade. Queremos decirnos que debemos integrar, no común vivir do respeito mutuo, posibilidades e amor verdadeiro, ós que aínda non son considerados, para axudalos no camiño que os leva ó que deben ser e alcanzar.

No preámbulo do texto actual se dí: "garantizar la convivencia democrática dentro de la Constitución y las Leyes, conforme a un orden económico y social justo", e máis adiante: "colaborar en el fortalecimiento de unas relaciones pacíficas y de eficaz cooperación entre todos los pueblos de la tierra". Por isto, este concepto de "cooperación", únese a unha idea universalista, perfectamente expresada neste texto que hoxe celebramos, como a efemérides máis importante no decurso histórico do noso País.

Por outra banda, permítanme manifestar a reiterada gratitude ós compoñentes políticos dos Partidos de entón que foron capaces de elaborar e promulgar a Carta Magna, aprobada dende o sacrificio e a xenerosidade de mirar cara adiante, que non significa renunciar ó recoñecemento e homenaxe respetuoso do valor e amor á Patria que
tiveron todos os irmáns que morreron, pero sen revolver no pasado histórico, para non perderse ou afogarse na nostalxia e xusto amargor, e para non correr o risco de non cruza-la ponte que conduce á outra ribeira da esperada e común convivencia.

Na idea de cooperación universal e de concordia, sustentada por un marco legal, expreso a miña esperanza de Convivencia Plena, porque considero que é éste o camiño máis axeitado, prioritario, urxente e actual.

Vigo, 6 decembro 2006

A Alcaldesa
Corina Porro Martínez

Este Bando foi escrito polo
Padre Carlos Antonio Ortiz Ramos
Franciscano Capuchino
Director Asociación Galega San Francisco

Máis información