Escoitar

Música en directo na Sala A!

O venres, 24 de novembro, a partires das 22:30 h. na SalaA! (Avda. Beiramar, 113) actuación en directo dos grupos LAVORDA, HEISSEL e OCEAN´S GARDEN, finalistas do concurso MusicaliA! 2006 da Concellería de Xuventude de Vigo en colaboración coa SalaA!. <br />

xoves, 23 nov 2006
MusicaliA! 2006 é un concurso de pop-rock, que pretende fomentar e apoiar aos grupos de Galicia e do norte de Portugal que buscan abrirse camiño no mundo da música.

Así, pois, despois dunha primeira fase de selección de maquetas, agora toca realizar ás actuacións en directo para poder decidir os gañadores do concurso.

Cada venres actuarán tres grupos e o xurado valorará, ademais da orixinalidade e a calidade das composicións, tanto nos textos coma na musicalidade, a posta en escena e seleccionará a tres grupos que pasarán á gran final.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31) Tfno. 986 294 806 www.xuventudevigo.org ou www.salaa.es