Escoitar

Aprobado o obradoiro de emprego "Vigozoo III"

O próximo mes de decembro comezará o obradoiro de emprego "Vigozoo III" no que participarán 40 alumnos na especialidades de construcción, carpintería, electricidade, fontanería e educador medio ambiental, segundo informou hoxe a Xunta de Goberno ao conceder unha subvención a Xunta de Galicia de 750.818 euros.<br />

luns, 20 nov 2006
O obxectivo do obradoiro é ofrecer formación e experiencia laboral aos desempregados participantes, maiores de 25 anos, en profesións con expectativas de inserción laboral e continuar coa mellora dos aspectos máis deficitarios das instalacións municipais do zoo, tanto na súa imaxe como no seu funcionamento.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto de melloras do contorno da praza da igrexa de San Andrés de Comesaña cun presuposto de execución de 115.000 euros. As obras consisten na pavimentación da praza da igrexa con losas de granito de 6 cm. de espesor e axardinamento da zona do palco e de xogos infantís.