Escoitar

O pleno rexeita a modificación do cadro de persoal

O pleno da Corporación Municipal rexeitou a modificación de cadro de persoal ao votar en contra os grupos PSdG-PSOE, BNG e Partido Galeguista e favor o PP.

xoves, 9 nov 2006
1163076361javierguerra.jpg
A proposta que se elevaba a aprobación plenaria era a modificación do cadro de persoal municipal por amortización de 27 prazas : 3 de técnico de administración xeral, 10 de admistrativo de administración xeral, 2 de alguacil, 1 de técnico auxiliar de bibliotecas, 2 de cabo e 3 de garda da policia local, 1 de encargado, 4 de oficiais de oficios e 1 de operario peón.

Na sesión plenaria os grupos muncipais socialista e galeguista presentaron unha emenda, que foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstecnión do BNG, na que se instaba ao Goberno Municipal a buscar a fórmula máis adecuada para que se dote dos créditos necesarios ao Fondo de adecuación de postos de traballo que non conleve a obrigatoriedade da amortización de postos de traballo ou, en todo caso, se artelle un mecanismo de carácter temporal que non fomente a discriminación retributiva.
Descargar todas as imaxes