O 21 de decembro comezará a inscrición para participar na Cabalgata
Os nenos interesados en participar na Cabalgata dos Reis Magos poderán anotarse desde o 21 de decembro, e ata o 2 de xaneiro, na lonxa do Concello ou no Parque Infantil de Nadal de Vigo. Mediante un concurso seleccionaranse ós 30 nenos que acompañarán os Reis Magos na Cabalgata que se celebra o 5 de xaneiro. Cada carroza real irá acompañada de dez nenos.
Neste concurso poderán participar tódolos nenos da cidade que o desexen: a única limitación será a idade: só poderán participar aqueles nados entre o 1 de xaneiro de 1989 e o 31 de decembro de 1993, ambos inclusive. Así mesmo, os seleccionados en edicións anteriores non poderán tomar parte neste concurso.
Para participar no concurso só será necesario cubrir o boletín de inscrición que poderán recoller nas entidades visitadas polo Carteiro Real ou no posto de información situado na lonxa da Casa do Concello. Só se aceptará un boletín por neno.
As inscricións depositaranse na urna colocada para tal efecto na lonxa da Casa do Concello, na que acompañará ó Carteiro Real nas súas visitas ou na que se instalará no PINVI. O prazo de inscricións comezará o día 21 de decembro e finalizará o 2 de xaneiro.
O 3 de xaneiro, ás 12:00 horas, realizarase o sorteo correspondente en acto público, na Sala-Museo sita na Casa do Concello. No sorteo, ademais dos trinta nenos seleccionados, sacaranse 12 suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias.
Os pais, nais ou titores dos nenos seleccionados no sorteo deberán, trala comunicación da Concellería de Festas e Animación Sociocultural, asinar a pertinente autorización e acreditar a data de nacemento do neno (fotocopia do libro de familia ou DNI do menor). De ser o caso, poderán asinar unha renuncia.
O Concello de Vigo ofreceralles ós nenos seleccionados no sorteo un disfraz, que entregarán unha vez finalizada a cabalgata.
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural queda facultada para resolver as posibles eventualidades que poidan xurdir no desenvolvemento deste concurso e que non estean previstas nestas bases.
Descargar todas as imaxes