Escoitar

Torneo Internacional de Horseball

Do 25 ó 27 de xuño o campo de fútbol da praia do Vao acolle o torneo internacional de Horseball "Cidade de Vigo" que organiza o club hípico La Muralla e a concellería de Deportes.

mércores, 23 xuñ 2004
No torneo participarán equipos de Francia, Portugal, Brasil e a selección galega. O primeiro partido disputarase o venres, día 25, ás 18:30 e enfrontarán aos equipos de Portugal-Brasil. A continuación, ás 19:30 horas terá lugar o partido entre Francia-Galicia.

A xornada matinal do sábado estará dedicado aos mais cativos cunha exhibición infantil de horseball. Pola tarde disputaranse mais partidos, para chegar ao domingo pola mañá con mais encontros e entrega de premios.

Este torneo servirá de precedente ao campionato de Europa de Horseball que se celebrará en Vigo no verán do ano 2005.