Escoitar

Encontros sobre atención á infancia

A concellería de Benestar Social organiza os "Primeiros Encontros Profesionais sobre Atención á Infancia" que se desenvolverá no Instituto Municipal de Educación os días 12,19 e 26 de febreiro e 4 de marzo, no marco do Programa de Infancia . O Concello ven desenvolvendo este programa desde o ano 2001 para a intervención con menores en situación de risco.

martes, 10 feb 2004
1076423367encontros.jpg
A realización dos Encontros xurde como unha iniciativa de traballo cos orientadores dos centros escolares coa finalidade de acadar unha mellora no proceso de recepción dos casos detectados no ámbito escolar de situacións valoradas inicialmente como de risco para os menores e a consecución dunha boa coordinación entre o Equipo de Infancia e os profesionais dos centros educativos para unha intervención efectiva.

Nos Encontros presentarase o marco legal á infancia; o papel da escola na protección á infancia e estratexias de comunicación do orientador dentro do entorno educativo.

O Programa de Apoio á Infancia ten como punto de partida a atención integral á infancia, intervindo nos tres parámetros básicos, familiar, educativo e comunitario, priorizando as actuacións preventivas. Os obxectivos do mesmo son evita-la inadaptación e exclusión social dos menores: aborda-las situacións problemáticas e de risco na infancia cunha intervención preventiva dun agravamento futuro destas.

Os destinatarios do programa son menores escolarizados en educación primaria e secundaria. Nestes momentos o número de centros cos que se traballa son 32 colexios públicos da cidade, 14 concertados e 10 institutos.
Descargar todas as imaxes