Escoitar

UB40 feat. Ali Campbell encherá Vigo de reggae este verán

Abel Caballero anunciou hoxe o noveno concerto do cartel do “Vigo en Festas 2025” que subirá ao escenario de Castrelos o vindeiro 15 de agosto.

mércores, 9 abr 2025

“Trátase dunha das bandas máis icónicas do reggae-pop británico”, exclamou Caballero ao desvelar que UB40 feat. Ali Campbell actuará en Vigo o vindeiro 15 de agosto. En 1978, un grupo de oito amigos formou a banda de reggae UB40, baseándose para o seu nome no Unemployment Benefit, o documento co que se solicita a axuda para os desempregados en Inglaterra.

Convertéronse nunha das bandas máis famosas dos 80 e os 90. Chegaron a vender 70 millóns de discos e consolidáronse como un dos mellores grupos do xénero. Dende 2008, Ali Campbell, a inconfundible voz que impulsou o UB40 orixinal, lidera esta nova etapa da banda coa que segue levando o reggae aos escenarios de todo o mundo. As súas actuacións mesturan éxitos icónicos como «Red Red Wine», «Kingston Town» ou «I Can’t Falling in Love with You», con novas composicións.

Esta é a novena confirmación da programación de verán en Castrelos:

  • Ana Belén – 12 de xullo
  • Gente de Zona – 17 de xullo
  • Trueno – 18 de xullo
  • Rozalén – 24 de xullo
  • Vanesa Martín – 31 de xullo
  • Ópera La Traviata – 1 de agosto
  • Jason Derulo – 8 de agosto
  • UB40 feat. Ali Campbell – 15 de agosto
  • India Martínez – 16 de agosto
Descargar todas as imaxes