Escoitar

Abel Caballero confirma a reparación do muro do campo de fútbol de Samil e a renovación do céspede sintético

O Campo de Fútbol Municipal Armando Cajaraville viuse afectado polos temporais que alcanzaron a cidade, derrubando o muro que dá cara ao río Lagares.

venres, 21 mar 2025

“Quero transmitirlle aos usuarios do campo de fútbol, como o Casablanca, que xa estamos cos permisos para realizar a obra”, indicou o rexedor. Explicou que co derrubamento do muro non se pode utilizar a instalación, e que, nestes intres, xa se está traballando na reparación do muro, que ao caer cara ao río Lagares, fai necesario informar do proxecto e agardar a autorización de Costas e Augas de Galicia.

Caballero quixo facer fincapé en que o Concello de Vigo “ten os recursos necesarios para acometer a obra” anunciando que mudará o céspede sintético do Armando Cajaraville, tras a reparación do muro, xa que “se colocamos o céspede xa, vaise danar” co paso dos camións cara a zona na que se vai reparar o muro de peche.

Descargar todas as imaxes