Escoitar

O obradoiro de emprego Bidueiro reinicia as actividades na recuperación do monte do Castro

A Concellería de Xuiventude reiniciou a semana pasada os traballos do obradoiro de emprego Bidueiro, un proxecto dirixido pola Fundación Érguete que está a servir para recuperar o Monte do Castro e para crear neste parque unha zona dedicada á xuventude. As actuacións a desenvolver prolongaranse ata o mes de novemenro do próximo ano.

mércores, 12 nov 2003
1068653510biueiro.jpg
Monte do Castro
O Bidueiro é un programa que a Fundación Érguete leva adiante en colaboración cos departamentos de Xuventude e Parques e Xardíns do Concello e co apoio da Xunta de Galicia. O seu obxectivo primordial é o de formar e facilitar a inserción laboral de desempregados maiores de 25 anos da bisbarra de Vigo con especiais dificultades para atopar un posto de traballo.

As primeiras fases do programa Bidueiro serviron para realizar obras de restauración na Casa da Xuventude e para facer traballos de rehabilitación no monte do Castro. As actuacións que se incluirán nesta fase son:

- Adaptación da antiga sede do Eixo Atlántico para ser utilizada nos programas xuvenís de Súbete ao Castro.
- Construcción dun escenario permanente para concertos ao ar libre.
- Construcción dunha pista para uso de bicicletas circundando O Castro.
- Recuperación de praderías, arborado, sebes e camiños. Instalación de sistemas de rega, bebedeiros para cans e mobiliario urbano.
- Colocación de sistemas para a reducción da velocidade dos automóbiles.
- Sinalización do parque.

En traballos de xardinería realizaranse:

 Recuperación de trazados de setos, mediante a apertura de gabias.
 Plantación de especies vexetais das mesmas caracteristicas que as que actualmente se atopan en formación de setos e vense interrumpidos no seu trazado.
 Recuperación das praderías, plantación de arborado e arbustos.
 Reposicións de arborado de alineación e/ou en formación boscosa.
 Realización de podas en pólas mortas, destragadas ou desequilibradas que poidan supor un risco de desprendimento.
 Deseño e elaboración de planos para a instalación do sistema de rega na zona delimitada.
 Instalación e mantemento de sistema de rega.
 Control fitosanitario dos axentes perxudiciais ás especies vexetais.
 Sementeira da superficie verde do céspede.
 Corte e mantemento do céspede.
 Estudios e coñecemento do tipo de solo sobre o que se actúa.
 Acondicionamento exterior próximo á edificación.

Parques infantís e pista de bicicletas

No parques infantís farase unha recollida de augas que evite encharcamentos e escorrentas da area empregada como solo para os xogos, e posteriormente farase unha achega de area de xeito que o espesor non sea inferior os 20 cm, e permita que o parque conte con un pavimento de seguridade.

A actuación no parque infantil complementarase ca instalación de 60 ml de varanda en madeira, que sustituia o actual sebe que existe parcialmente e ocasiona labores de mantenemento e non constitue unha boa barreira física de separación da estrada o que pode facer que os rapaces pequenos intenten cruzar dun parque a outro.

Na parte superior do monte crearáse unha pista para uso de bicicletas que circundará o monte, para o que se aproveitará a estrada existente actualmente (Paseo Rosalía de Castro) e se delimitará lonxitudinalmente para definir as zonas para vehículos e biciletas. Nos cruces colocaránse medios físicos de reducción da velocidade para automoviles e en o longo do recorrido as sinais oportunas.
Descargar todas as imaxes