Escoitar

Netflix súmase ao Nadal de Vigo

O alcalde informou este venres da ampliación da decoración navideña da cidade cunha esfera de grandes dimensións coa imaxe dun monstro en metade da neve inspirado na serie “The Witcher”.

venres, 3 dec 2021

Desde o vindeiro sábado 11 de decembro, a rúa do Progreso acollerá unha “esfera xigante” coa que a plataforma Netflix quere promover a nova temporada da serie “The Witcher.

“Antes foi Disney e este ano é Netflix, unha das grandes empresas de televisión, seguramente unha das máis importantes de series”, quen elixe Vigo polo seu Nadal, explicou o rexedor que engadiu que o Nadal de Vigo segue “atraendo a atención”.

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o convenio de colaboración coa empresa Ubica Servicios de Localización que traballa con Netflix e que amosou o seu interese por formar parte do Nadal da cidade. A instalación desta esfera xigante non terá custo para o Concello.

Descargar todas as imaxes