Escoitar

A previsión da ocupación hoteleira roza o 100% o sábado do acendido de Nadal

Abel Caballero cualifica de “extraordinarias” as previsións hoteleiras de cara ao Nadal e invita a “todo o mundo” a vir a Vigo: “Vai ser excepcional”.

luns, 15 nov 2021
Arquivo: A noria na Praza Compostela
Arquivo: A noria na Praza Compostela

As previsións da ocupación hoteleira o fin de semana do alumeado de Nadal rozan o 80%. O alcalde anunciou en rolda de prensa as cifras “extraordinarias” que o sábado chegan ata o 100% nalgúns hoteis do centro da cidade.

O alcalde valorou o que está a acontecer como “un fenómeno global en toda España pola relevancia que ten nos medios de comunicación o Nadal en Vigo”. Caballero invitou a “todo o mundo” a vir a Vigo e asegura que haberá espazo para todos: “Vai ser excepcional”, declarou en rolda de prensa.

O rexedor está a establecer contactos coa compañía ferroviaria Renfe para reforzar o número de prazas nos traxectos do eixo atlántico, Madrid e Barcelona xa que “nalgúns momentos o número de pasaxeiros é moi elevado” polo que asegurou que están dialogando para aumentar estas frecuencias.

Descargar todas as imaxes