Alcalde: “Vigo segue a ser a cidade española con máis política social”
O alcalde reiterou esta mañá que o Concello é a única administración que inviste en política social na cidade a pesar de que é a Xunta de Galicia a que recibe fondos do Goberno de España. Esta mañá referiuse ás achegas de emerxencia, nunha semana na que se entregaron outras 77 cun importe preto de 15.000 euros.
Os servizos socias do Concello de Vigo seguen atendendo á cidadanía no verán e o pasado mércores a Comisión de axudas de emerxencia concedeu 77 novas achegas por importe de preto de 15.000 euros. En total, entregáronse xa 14.520 axudas, beneficiando a case 40.000 persoas cun valor superior aos 2,2 millóns de euros.
En rolda de prensa, o alcalde resaltou tamén que o albergue municipal conta con dúas prazas dispoñibles para home e unha vacante para muller. A este respecto, lembrou que Vigo é a única cidade galega que conta con instalacións de pernocta para persoas sen fogar financiado unicamente polo Concello, cun custo anual próximo ao millón de euros. “Vigo segue a ser a cidade española con máis política social”, rematou.