Escoitar

ProVigo impulsa a xornada de networking "Industria 4.0, Innovación Tecnolóxica"

Abel Caballero, quen participou este luns na apertura do evento que promove a Fundación, explicou que a cita ten "o maior interese" para unha cidade que quere estar no "desenvolvemento da industria, tan internacionalizada e no ámbito do 4.0".

luns, 3 xuñ 2019
1559563070Provigo1.JPG
"Industria 4.0, Innovación Tecnolóxica" aborda a presenza da "dixitalización e das novas tecnoloxías na economía viguesa", en palabras de Abel Caballero, alcalde e presidente en funcións da Fundación ProVigo.

Caballero falou da oportunidade da celebración deste encontro agora que "a economía de Vigo se reactiva e tira de forma positiva" e anotou que "a estabilidade política municipal vai contribuír a manter esa tensión de crecemento".

"Queremos estar na fronteira do coñecemento e do desenvolvemento do 4.0", explicou Abel Caballero ante os medios de comunicación: "Queremos estar no desenvolvemento da industria da cidade, tan internacionalizada e no ámbito do 4.0".
Descargar todas as imaxes