O Concello adxudica medio millón de euros a doce clubs de deporte de base
O Concello deu luz verde a doce convenios de colaboración con outros tantos clubs deportivos de base por importe de case medio millón de euros. O alcalde asinou estes acordos hoxe xoves cos responsables das distintas entidades. <br />
O Concello achegará case medio millón de euros -464.000 euros – entre doce clubs de deporte de base, segundo os acordos que asinou hoxe Abel Caballero. Concretamente, o Atletismo feminino Celta recibirá 18.000 euros; o Vigo Rugby Club, 28.000 euros; o CD Xuvenil de Teis, 30.000 euros; o FC Rápido de Bouzas, 75.000 euros; o FC Coruxo, 100.000 euros; o Real Club Celta de Atletismo, 18.000 euros; o Seis de Nadal, 30.000 euros; o Atlántida de Matamá, 20.000 euros; o Club Vigo Voleibol, 47.000 euros; a Unión Balonmano de Lavadores, 25.000 euros; a Asociación Deportiva Carballal, 20.000 euros e, finalmente, o AMFIV, recibirá 53.000 euros.
Descargar todas as imaxes