Escoitar

A praia de Samil xa dispón de servizo para persoas con mobilidade reducida

O alcalde de Vigo visitou este venres o dispositivo posto en marcha polo Concello de Vigo en Samil para permitir o baño a persoas con mobilidade reducida. Ademais, tamén funciona xa o reparto de pulseiras para a localización de nenos perdidos.

venres, 20 xul 2018
1532091481DispositivoSamil_03.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres a praia de Samil para pasar revista ao dispositivo de baño para persoas con mobilidade reducida. Trátase, segundo informou en rolda de prensa, de tres cadeiras anfibias en Samil (dúas) e O Vao (unha).

O servizo estará en funcionamento do 1 de xullo ao 31 de agosto, todos os días de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Os tipos de servizos que se realizan son baño adaptado con cadeira anfibia, apoio no acceso e saída á praia, cesión de muletas anfibias, cesión de cadeira anfibia a entidades que contan con técnicos propios.

Ademais, no dispositivo establecido en Samil tamén hai pulseiras identificativas para nenos,. Son un total de 1.700 pulseiras nas que figura o nome do neno e un teléfono de contacto co obxectivo de minimizar o tempo de busca cando se extravían.

O alcalde explicou que a pulseira é gratuíta e os pais poden solicitala no centro municipal de coordinación de emerxencias e nos postos de socorrismo dos areais. Nos últimos anos o número de menores extraviados nas praias viguesas descendeu: 2014 (156 menores extraviados), 2015 (114), 2016 (90), 2017 (77), 2018 (24, hasta 19 de xullo).
1532091481DispositivoSamil_03.JPG
1532091494DispositivoSamil_02.JPG
1532091506DispositivoSamil_04.JPG
1532091517DispositivoSamil_01.JPG
Descargar todas as imaxes