Escoitar

O Concello aproba as normas das fogueiras de San Xoan e reforza os autobuses a Samil

O goberno vigués vén de publicar o bando informativo das cacharelas de San Xoan, que detalla as características técnicas das cacharelas e os requisitos que deben cumprir os solicitantes. O alcalde avanzou que se están a recibir solicitudes e que en próximos días serán revisadas.

luns, 18 xuñ 2018
Ademais, o Concello vai reforzar o autobús urbano a Samil na noite próxima do sábado ao domingo, tanto diario como nas liñas nocturnas, incluíndo un servizo especial. Operarán a N1 e a N2, prolongando o seu percorrido, e habilitarase unha terceira específica ao efecto. Ademais, en horario diúrno, o goberno de Vigo tamén reforza as liñas que chegan ata Samil, é dicir, a C3, L4C, L15C, L10, L15A, 15B e L23, ampliando así a frecuencia media de autobuses do centro ao areal vigués.

Máis información