Caballero entrega diverso material deportivo a catro clubs da cidade
O rexedor, acompañado do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou aos deportistas e dirixentes do Balaídos CF (fútbol feminino), AD Runners-Telmo Peluqueros (atletismo), Petanca Cabral e Club de Remo Virxe da Guía a seguir practicando as súas modalidades no acto celebrado nas dependencias municipais. O Concello apoia ao deporte de formación non só con subvencións directas senón tamén a través da achega de material deportivo, neste caso novos chándales.
