O Concello aproba un Plan de Formación interno orientado á modernización administrativa
A Xunta de Goberno Local aprobou o Plan de Formación 2017, que totaliza máis de 40 accións formativas para o persoal municipal, orientado á modernización administrativa e ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs), segundo informou este venres Abel Caballero.
O alcalde deu conta este venres da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local do Plan de Formación 2017, que contempla actividades formativas para o persoal municipal.
Caballero explicou que o obxectivo é seguir afondando na modernización administrativa municipal e priorizar as TICs, a través de ferramentas dixitais. O Plan aprobado suma máis de corenta áreas de formación, entre as que o alcalde salientou a transparencia, a xestión orzamentaria, a administración electrónica e a innovación e simplificación administrativa, entre outras.