A Liga de natación escolar que patrocina o Concello arranca este domingo no Carme
A competición, iniciada no 2014 para darlle un novo pulo á natación de base, foi presentada hoxe no Concello polo edil de Deportes, Manel Fernández, que estivo acompañado polo presidente do Club Natación Vigo Rías Baixas, Antonio Vázquez, Mónica Sueiro da xunta directiva, Elena Rodríguez de Foanpas.
A Liga Concello de Vigo é un evento importante compartido pola Concellería de Deportes, o C.N. Vigo Rías Baixas e a Fundación VIDE en colaboración con Foanpas.
Uns 500 nenos e nenas de máis de trinta colexios compiten este domingo (9:00 horas) na piscina do Carme, no complexo municipal das Travesas. "Esta iniciativa correspóndese cunha demanda e vontade do Concello para desenvolver novos programas para os escolares vigueses", sinalou o edil de Deportes, que subliñou que a inscrición para a segunda xornada, xa o 23 de abril, está aberta.
As xornadas da Liga 2017 serán tres, rematando coa terceira data o 28 de maio. Como en anos anteriores, as categorías son dúas: benxamín (nacidos de 2005 ao 2008, 8 a 11 anos) en promesa (de 2009 a 2011, 5 a 7 anos). O tope de inscrición e de 500 nadadores por xornada e para este domingo xa son 460. Como o ano anterior, haberá récord de inscritos.
"Imos loitar por acadar en 2018 o milleiro de nenos", sinalou Vázquez, que agradeceu o apoio total do Concello a esta iniciativa. Elena Rodríguez, representante de Foanpas, o nexo de unión cos centros de ensino, lembrou que esta acción municipal "forma aos nenos e nenas no hábito deportivo para acadar unha sociedade saudable"
Haberá premios para todos porque "máis que un torneo competitivo é unha liga de carácter participativo", dixo o concelleiro, que lembrou que tamén haberá trofeos para os tres colexios mellores e para os colexios con maior nivel de participación, entre outros premios.
O Colexio Apóstol Santiago (Xesuítas) é o campión tanto polos seus resultados como polo número de nadadores inscritos.
Descargar todas as imaxes