Escoitar

O Concello consensuará co sector os horarios do comercio ao ser Vigo unha cidade de gran afluencia turística

O edil de Comercio, Ángel Rivas, está a manter reunións con todas as asociacións de comerciantes de cara a consensuar zonas e horarios de apertura logo de que Vigo fora declarada unha gran cidade de afluencia turística. Según un decreto lei aprobado polo goberno de España, esta consideración permitiría -de non acotarse zonas antes do 1 de xuño- a todos os comercios abrir 24 horas os 365 días do ano o que prexudicaría moito ao pequeno e mediano comercio, apuntou.

mércores, 13 abr 2016
1460549499Rivas.jpg
Tal e como detallou Ángel Rivas, o Concello de Vigo está a traballar con todas as asociacións de comerciantes de cara a consensuar as zonas e os horarios nas que se poidan abrir 24 horas, unha vez que Vigo foi declarada unha cidade de gran afluencia turística. Segundo o Decreto Lei 8/2014 do 4 de xullo aprobado polo Goberno Central, Vigo contou en 2015 con máis de 600.000 pernoctacións o que modifica a súa consideración de cara aos horarios comerciais. O edil de Comercio explicou que a "gran preocupación do goberno local é o pequeno e mediano comercio" e avanzou o que se está a avanzar nun documento que enviará á Xunta antes do 1 de xuño delimitando zonas e horarios para evitar que o próximo 22 de xullo non se liberalicen os horarios en toda a cidade. Respecto das declaracións do Partido Popular amosando preocupación por esta cuestión, Rivas lamentou que os edis populares non lle transmitiran esa suposta preocupación aos seus compañeiros de partido cando se aprobou este decreto.
Descargar todas as imaxes