Máis de 25.000 persoas visitaron o stand de Vigo en Fitur
A concelleira de Turismo, Lílian Álvarez, avaliou positivamente a campaña de promoción da cidade realizada na Feira Internacional de Turismo (Fitur) celebrada en Madrid. Máis de 25.000 persoas, profesionais do sector e potenciais visitantes, realizaron consultas no stand de Vigo sobre lugares de interese da cidade.
Os datos indican que se serviron 4.000 degustacións de ostras e mexillóns e distribuíronse 6.000 posters, 2.500 deles das illas Cíes, 20.000 guías turísticas da cidade e 2.500 folletos informativos. Álvarez destacou que os visitantes e profesionais agradeceron a sinceridade e a homenaxe aos voluntarios realizada mediante a edición dun folleto da Concellería de Turismo, na que se confía en que todo volverá estar limpo tralo traballo de milleiros de persoas nas illas Cíes.
A concelleira recibiu os parabéns dos presentes na Comisión de Goberno ”pola magnífica presentación de Vigo en Fitur”, dixo o voceiro Xavier Toba, que comparte a liña da campaña promocional realizada co compromiso de deixar limpo Vigo e Galicia fronte ao ocultamento da marea negra defendido polos que criticaron a distribución da publicidade.
A concelleira sinalou tamén que foron moitos os visitantes que felicitaron o labor do voluntarios e demandaron máis información das consecuencias da marea negra. ”No stand da Costa da Morte, por exemplo, ofreceuse información que ocultaba a realidade e rexeitouse os potenciais voluntarios que se achegaron solicitando información”, afirmou. Deste xeito, ”déixase de presumir de hospitalidade e ocúltase información da situación real e dos teléfonos de contacto”, explicou a concelleira.
Segundo as primeiras estimacións, calcúlase que máis de 97.000 profesionais participaron nesta edición de Fitur. Destaca a crecente proxección internacional do salón, xa que se rexistraron visitantes profesionais de 110 países. Durante a fin de semana, 1 e 2 de febreiro, o certame abriu as súas portas ao público, recibindo arredor de 110.000 personas nestes dous últimos días de feira.
Descargar todas as imaxes