Caballero asina cinco convenios con federacións e asociacións para que o deporte de formación sexa de balde
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou hoxe mércores convenios con cinco entidades para o desenvolvemento do deporte de formación nas instalacións deportivas municipais. Caballero e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, manteñen unha política de apoio ás modalidades deportivas de base que permite a práctica de balde ou a baixo custo
Así, o rexedor asinou convenios de colaboración coas federacións galegas de taekwondo, squash e tenis para desenvolver o seu labor nos pavillóns de Coia, Balaídos e no complexo de Samil. O taekwondo utilizará gratuítamente o polideportivo de Coia para adestramentos, o squash aboará a metade do custo de todas as pistas que utiliza para escolas nos baixos da grada de Río e o tenis terá tres pistas de balde (pistas 1, 2 e 3 do complexo de Samil) para as escolas anuais.
Ademais, a acción municipal tamén recaeu sobre o pavillón de Monte da Mina, que se cede sen custo á AVCD Monte da Mina de Castrelos. Para rematar asinouse outro convenio con Aspofusa, a asociación de clubs de fútbol sala da comarca de Vigo, para que poidan disputar tamén de balde a Liga Concello de Vigo de fútbol sala en todos os recintos deportivos municipais da cidade, "ademais da subvención que xa lles damos", sinalou o alcalde.
Descargar todas as imaxes