Escoitar

Conferencia de Marcela Lagarde

A Concellería de Igualdade programa para o día 2 de decembro, martes, ás 20:00h a conferencia que impartirá Marcela Lagarde y de los Ríos sobre "A violencia feminicida e os dereitos humanos das mulleres" no auditorio do antigo Reitorado (R/Areal, 46)<br /> <br /> Marcela Lagarde é antropóloga e investigadora mexicana. Autora de numerosos artigos e libros sobre estudos de xénero, feminismo, desenvolvemento humano e democracia, poder e autonomía das mulleres, etc. Catedrática da Universidade Nacional Autónoma de México. Acuñou o termo feminicidio para describir a situación en Ciudad Juárez, México e acadou a creación dunha Comisión Especial de Feminicidio no Congreso para investigar o asasinato de mulleres en Ciudad Juárez.<br />

venres, 28 nov 2014
1417173645marcela.jpg
Descargar todas as imaxes