Escoitar

O Enlaza Vigo contra a violencia de xénero céntrase este ano na prevención entre a mocidade

O alcalde presentou unha nova edición do Enlaza Vigo, un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia contra as mulleres. O 25 de novembro, día Internacional contra esta lacra social, 1.900 alumnos de 24 centros de secundaria formarán un tapiz na rúa Urzáiz.

martes, 18 nov 2014
1416315704enlaza.JPG
O Concello pon en marcha, un ano máis, o Enlaza Vigo, un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia contra as mulleres. En rolda de prensa, explicou que o próximo 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, organizarase unha nova edición do tapiz humano no que este ano participarán 1.900 alumnos de 24 centros educativos.

Os promotores do evento, a Concellería da Muller e o Consello Municipal da Muller, acordaron que a temática deste 2014 sexa a ciberviolencia de xénero na xuventude, co obxectivo de previr, recoñecer e non ser cómplice destas actitudes e comportamentos. Tal e como explicaron, abordaránse todas as posibilidades coa participación activa de estudantes e profesores.

A primeira acción máis destacada do Enlaza Vigo será o gran tapiz humano que se vai organizar a partir das 12,00 horas na rúa Urzáiz e que vai recrear unha conversa por whatsapp. Ese mesmo día, desde as 10,30 h haberá actividades informativas, lúdicas e reivindicativas, rap, un photocall, breakdance, malabares, baile moderno....O programa deste ano tamén inclúe actividades previas realizadas na aula, como a exposición colectiva disposta fronte ao Marco desde o 18 ao 26 de novembro. Alumnos de 34 centros participan nesta mostra reivindicativa. Tamén se organizou un concurso de relatos virtuais en whatsapp.

Na rolda de prensa estiveron presentes, ademais da concelleria de Muller, Isaura Abelairas, Luz Iglesias, de Viúvas Demócratas e Charo Otero e Rosa Fontaíña, da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos.

O alcalde rematou a súa intervención enfatizando as 754 mulleres asasinadas en España por violencia de xénero desde o ano 2003.
Descargar todas as imaxes