Escoitar

O alcalde salienta o "éxito notable" do programa de festas da cidade

Abel Caballero quixo hoxe luns facer balance das actividades do programa de festas que se desenvolveron ata o de agora cun "éxito notable". Referiuse aos concertos de Castrelos, ao Festival Folclórico, ademais das festas dos barrios e da Noite Branca dos Museos.

luns, 11 ago 2014
"A gran distancia, as mellores festas da historia da cidade", deste xeito cualificou Caballero o programa cultural e artístico que se seguirá a desenvolver ata o próximo fin de semana. Comezou referíndose ao éxito dos concertos de Malú, de Jamie Cullum, e ao espectáculo de Hot Mix Road Show, todos eles, en Castrelos. En declaracións aos medios, aludiu ás 1.400 persoas que asistiron ao peche do Festival Folclórico, e aos "grandes concertos" que están a ofrecer as bandas na Praza da Princesa. As festas dos barrios como a de San Salvador de Teis, ou a festa do polbo do Monte dos Pozos, tamén foron un éxito, tanto como as que as precederon: Santa Mariña, Santa Cristina, San Cristivo Santa Ana, entre outras. Respecto da programación infantil, destacou o numeroso público que reuniron os espectáculos de Castrelos, así como os seguidores de Os Bolechas, que están a percorrer a cidade nun autobús.

Non esqueceu no seu balance, o éxito da Noite Branca dos Museos, salientando especialmente ao grupo de música antiga Sanfonetto, co "Segredo do Pergamiño Vindel",a o tempo que mencionou a boa acollida que tiveron as visitas guiadas en Mirambell.

Mención aparte recibiu O Marisquiño, que convertiu a Vigo na "gran Californa do mundo", da da que estiveron pendentes todas as televisións nacionais.