Escoitar

O goberno de Vigo adica este ano 8 millóns de euros a programas de atención social

O alcalde de Vigo cifrou hoxe en 8 millóns de euros as achegas municipais para os distintos programas sociais impulsados desde o Concello. Ante os medios de comunicación, Caballero explicou que, só nesta semana, se entregaron axudas a 42 familias para alimentos, carencia enerxética e aluguer. As 33 tarxetas da dignidade distribuidas supuxeron un importe de preto de 13.000 euros.

mércores, 2 xul 2014
O Concello entregou esta semana 42 axudas extraordinarias a outras tantas familias viguesas para financiar alimentos, vivenda e facturas enerxéticas. Concretamente, adxudicáronse 33 tarxetas da dignidade para alimentos por importe de preto de 13.000 euros.

Ademais deste programa, o Concello, detallou, adica 2,9 millóns en axuda no fogar, medio millón para a atención ao menor, 80.000 euros do programa xantar na casa; 100.000 euros en teleasistencia, "logo de que Deputación reunciara a prestar ese servizo", máis de 600.000 euros para o albergue, 40.000 euros de axudas para medicamentos, 450.000 euros de axudas de emerxencia social, 250.000 euros para comedores socias e 1,5 millóns para CEDRO.

Durante a rolda de prensa, Caballero contrapuxo os 8 millóns que adica o Concello cos 200.000 que achega a Deputación a fins sociais en Vigo, polo que instou ao organismo provincial a recuperar "polo menos" o programa de teleasistencia.