Escoitar

O goberno de Vigo aproba a "maior" baixada de impostos na cidade coa menor carga impositiva de Galicia

Abel Caballero deu conta hoxe mércores da aprobación da baixada de impostos, taxas e prezos públicos para 2014 dun 1,4% en termos reais. Esta reducción prantéase nun contexto no que Vigo é, xa este ano, a cidade con menor IBI e presión fiscal de Galicia.

mércores, 25 set 2013
1380122035abelcaballero.jpg
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe "a maior baixada impositiva que houbo nunca nin en Vigo nin en Galicia". Tal e como explicou o rexedor, a baixada en termos reais dun 1,4% en taxas, impostos e prezos públicos decretada polo goberno local é "non ten precedentes na cidade nin ningunha outra cidade galega". Concretamente, conxélase en termos nominais a tarifa da auga -por segundo ano consecutivo; a taxa do lixo de vivendas e actividades comerciais; o imposto sobre bens inmobeis (IBI); o de vehículos de tracción mecánica; o das plusvalías e o de obras e instalacións. Respecto das taxas, tampouco se lles aplicará o IPC: expedición de documentos; licenzas de taxis, servizos especiais espectaculos e grandes transportes; extinción de incendios; cemiterios; grua municipal; retirada postos venda via publica; inspección sanitaria (laboratorio municipal); desinfección, desinsectacion, desratización.; vertidos e limpeza de pozos negros; taxas do servizo de axuda no fogar (saf); taxas de garderias infantis -a Xunta duplicou os prezos o ano pasado-; aproveitamento da via publica: vados, andamios, colectores de escombros, mudanzas, postos na vía pública, carga e descarga por motivo de obras...; instalación de quioscos; instalación postos de venda; estacionamento de vehículos (ora); prezo publico enseñanzas especiais (escola de danza, escola de música, escola de teatro); prezos públicos organizacion espectaculos, utilización do auditorio, actividades no zoo..; verbum; taxas de licencia de obras. taxas de licencia de actividades e instalacións; prezos publicos pola utilización das instalacións do instituto municipal de deportes; taxas por visitas ó zoo; taxas por suministración de auga potable, rede de sumidoiros; saneamento e depuración de augas residuais.

Pola contra, a Xunta de Goberno, se aprobou na sesión desta mañá dúas modificacións de ordenanzas e a creación dunha terceira. Tal e como lembrou o rexedor, a primeira delas é a modificación da ordenanza fiscal xeral que prevé a ampliación extraordinaria do período voluntario de cobranza, que se estende ata o 30 de xaneiro, en determinados supostos vencellados á baixa capacidade económica. Tamén se modificará a ordenanza fiscal de telefonía móvil, neste caso, para cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE e aplicar o principio de equidade fiscal a unha serie de operadores de telefonía móbil que ocupan dominio público local e non tributan por esta taxa. A partir do ano que vén pagarán polo tipo de rúa e polos metros que ocupen na mesma. Nesta situación, atópanse compañías como Vodafone, France Telecom, Orange.... Caballero deu conta tamén dunha nova ordenanza fiscal de servizos en galerías municipais, para empresas que teñen instaladas tuberías, cables, como Unión Fenosa, Telefónica, R-cable ou Aqualia, entre outras. Neste caso, tamén tributarán polo espazo que ocupen.

Caballero apuntou que con esta rebaixa a cidade deixa de pagar 2,6 millóns en impostos, nun contexto, subliñou, no que en Vigo se paga o IBI máis baixo de Galicia, segundo datos do Ministerio de Economía e Facenda. Concretamente, os vigueses pagan 211 euros por habitante, mentres que A Coruña, 222 (5,2% máis); Lugo, 225 (6,6% máis); Ourense, 255 (20,9% máis); Santiago, 284 (35% máis) ou Madrid, 308 (46% máis). Estas mesmas fontes, matiza, tamén ratifican a Vigo como a cidade con menor presión fiscal de Galicia. Tal e como detallou, os ingresos por habitante en Vigo son de 721 euros; en Pontevedra, 769, en A Coruña, 916; Lugo, 937; Ourense, 969 e, por último en Santiago, 1.024 euros.
Descargar todas as imaxes