O tenente de alcalde anuncia o investimento de 1.200.000 euros de apoio ao consumo no comercio e axuda as familias
"En tempo de crise o goberno ten que priorizar o gasto e desenvolver políticas para facerlle fronte", explicou o tenente de alcalde. Neste sentido lembrou que na xuntanza anterior que mantivo cos representantes do sector e dos mercados municipais lle trasladaran a súa preocupación polos problemas económicos e as dificultades para manter o emprego e "quedei comprometido a presentar liñas de actuación encamiñadas a dinamizar o consumo". Asemade, Santi Domínguez salientou que o programa presentado hoxe ten tamén outra vertente, que é a axuda as familias con maiores dificultades, xa que se fomenta o consumo "a través de axudas as familias con menos recursos".
O nacionalista destacou que nos vindeiros tres meses se repartirán 600.000 euros entre 1.000 familias, cun máximo de 600 euros por familia, co obxectivo de facilitarlles a adquisición de alimentos, roupa, artigos de óptica, material de librería e, en xeral, artigos de primeira necesidade. Santi Domínguez sinalou que haberá diversos criterios de valoración, entre os que destacan os sociais e os económicos. Deste xeito apuntou que a renda familiar non poderá ser superior aos 351 mensuais por integrante. "Unha familia media de catro membros terá un límite de 1.400 euros", indicou, "co cal pensamos que abrimos bastante o abano tendo en conta que moitas familias son mileuristas".
O tenente de alcalde sinalou asemade que as familias terán ata un máximo de tres meses para gastar a axuda concedida nos diferentes comercios asociados ao Centro Comercial Aberto, Príncipe, Vigo Vello, Santiago de Vigo Fecovi, así como aos mercados municipais de Bouzas, Cabral, Teis, Travesas. Porén, indicou que outros comercios poden participar na iniciativa presentando no Concello a súa acreditación como Peme, de forma que ao recibir a axuda cada familia recibirá a listaxe cos establecementos participantes. Asemade, Santi Domínguez anunciou que estas axudas tamén se porán en marcha nos tres primeiros meses de 2010, cunha contía igualmente de 600.000 euros.
Por outra banda, o tenente de alcalde anunciou que no servizo xurídico do Concello está en trámite outra axuda de 600.000 euros "para potenciar o emprego, a formación e paliar os danos ou perxuízos ocasionados polas obras na cidade" para este ano e outros 600.000 euros para o primeiro trimestre de 2010. Neste caso serán axudas directas aos comercios. En conxunto entre esta plan e o que hoxe se ven de presentar desde a Concellería de Comercio destinaranse 2,4 millóns de euros para fomentar e dinamizar o comercio da cidade.
Segundo explicou, a filosofía "dende que cheguei á Concellería de Comercio é moi clara e se resume en dúas palabras: orzamentos participativos", subliñou Santi Domínguez. Ao respecto destacou o traballo constante coas asociacións de comerciantes e representantes dos mercados "porque eles saben directamente cales son as principais necesidades".