Escoitar

O Goberno municipal concede 41 axudas de emerxencia social por preto de 13.000 euros

O Concello destina máis de 5.000 euros a once axudas para o alugueiro co obxectivo de evitar desafiuzamentos.

mércores, 2 set 2026

O alcalde informou da concesión de 41 novas axudas de emerxencia social por un importe próximo aos 13.000 euros, destinadas a atender necesidades concretas de persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

Entre as achegas aprobadas figuran 11 axudas para o pagamento do alugueiro, por máis de 5.000 euros, destinadas a evitar desafiuzamentos, e outras 11 para alimentación. A Comisión de Axudas de Emerxencia concedeu tamén apoio para un aloxamento temporal, dous créditos hipotecarios e gastos relacionados co pagamento da luz ou a adquisición de mobiliario, entre outras necesidades.

Caballero explicou que, no que vai de ano, o Concello concedeu xa 2.125 axudas de emerxencia por un valor global de 640.000 euros.

“Seguimos cunha forma de entender as axudas: danse ás persoas que as necesitan”, afirmou o rexedor. Segundo explicou, estas prestacións permiten actuar cando xorden situacións imprevistas que unha familia vulnerable non pode afrontar cos seus propios recursos. “Cando xorden emerxencias concretas que unha familia vulnerable pode non prever, recorremos ás axudas de emerxencia. Esta é a política social e é no que está Vigo”, concluíu.

Descargar todas as imaxes