xoves, 12 ago 2010
O concelleiro socialista explicou este xoves que o alcalde de Vigo recibiu onte unha carta do conselleiro de Educación na que solicita unha reunión para falar da ETEA pero matizou que na misiva non se recolle unha data concreta para a mesma. Font mantén a disposición de diálogo coa institución autonómica, tal e como avanzou o pasado mércores o alcalde, pero asegurou que o goberno municipal reitera a petición de apertura as 24 horas
martes, 4 mai 2010
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos López Font, presentou hoxe martes unha campaña municipal para fomentar o uso da páxina web do Concello (www.vigo.org) para realizar os trámites municipais mediante o novo DNI electrónico. A iniciativa contempla a divulgación de trípticos informativos e a entrega de balde de 1.000 lectores do novo documento, que terá lugar desde mañá mércores na lonxa do Concello a todo aquel empadroado que o solicite.
martes, 20 abr 2010
Carlos López Font amosou hoxe martes a súa "satisfacción" polo xeito en que levouse a efecto a negociación cos sindicatos do Concello na elaboración do orzamento municipal para 2010, de 257 millóns de euros. O edil subliñou o cumprimento dos compromisos adquiridos polo alcalde cos propios sindicatos, aos que agradeceu a súa "comprensión", pese ao seu "alto custe económico".
mércores, 8 abr 2009
O traballo elaborado pola ONG Transparencia Internacional outorga 80 puntos sobre 100 á transparencia e nivel de información á cidadanía do Concello de Vigo, soamente superado en España por Bilbao, Gijón, Cartagena e Barcelona. A organización realizou o estudo sobre 80 indicadores independentes.
martes, 28 out 2008
O edil de Xestión Municipal, Carlos L. Font, se reuniu o pasado venres co Almirante Xeral Xefe do Estado Maior, D. Manuel Rebollo, quen garantiu a presencia como mínimo de dúas goletas na saída do Desafío Atlántico 2009, que terá lugar en Vigo en maio de 2009. Se o calendario o permite, o buque Juan Sebastián Elcano tamén participará no evento.
Anuncio de Persoal
venres, 29 ago 2008
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 26 de agosto de 2008, adoptou acordo aprobando as bases rectoras do proceso selectivo para a provisión con carácter interino por acumulación de tarefas, de tres auxiliares de administración xeral, por un período máximo de seis meses.<br />
martes, 27 mai 2008
O concelleiro de Persoal, Carlos L. Font, mostrou a "preocupación" e a "vontade" do goberno de solventar a situación dos traballores do Concello, sen novo convenio desde o 31 de decembro de 2002, e anunciou este martes que comezará as negociacións formais cos sindicatos e o Comité de Empresa antes do próximo 15 de xuño para a elaboración do novo acordo.
luns, 23 abr 2007
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, a xefa da base do 061 de Vigo, Leonor Estévez e o director territorial de Galicia de Telefónica, Javier Zulueta, presentaron o soporte do servizo de cardioprotección a través da instalacións de columnas de rescate cardíaco que están situadas no interior do edificio municipal e no parque móbil.
mércores, 8 feb 2006
A alcaldesa entrevistouse hoxe mércores cos secretarios comarcais da CIG, CCOO e UXT, Xerardo Abraldes, Xosé Cameselle e Héctor Santos, quen lle transmitiron a súa preocupación pola aplicación do convenio colectivo do Concello.
xoves, 12 xan 2006
O funcionario Juan Ramón González Carnero tomou posesión hoxe xoves do cargo de interventor do Concello de Vigo, nun acto ao que asistiu a alcaldesa, Corina Porro.