Vigo organiza o ciclo de conferencias "Falemos de Cíes" para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade

xoves, 12 xul 2018

Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello organizará entre xullo e decembro un ciclo de conferencias para promover a candidatura de Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade. "Vigo segue así coa súa folla de ruta de promoción de Illas Cíes cunha candidatura que conta co respaldo da cidadanía e da comunidade científica nacional e internacional", destacou o alcalde.

Concello e Comunidade de Montes cooperarán no proxecto do Anel Verde que arrancará este ano

martes, 5 xuñ 2018

O goberno local xa está a traballar na contratación do proxecto do Anel Verde que xa contará nos orzamentos do exercicio que vén cunha partida económica aínda que este anos xa se comezará coa plantación nalgunhas zonas. O rexedor avanzou esta mañá que o deseño contará coa cooperación da Mancomunidade de Montes cos que quere alcanzar un "acordo total". <br />

Caballero: "A depuradora é unha obra excepcional coa mellor tecnoloxía no mellor lugar do mundo"

martes, 3 abr 2018

O alcalde de Vigo participou este martes na inauguración da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do río Lagares, que xa funciona de forma provisional e que garante o saneamento da cidade e da ría de Vigo durante o próximos 50 anos. Caballero mostrouse satisfeito pola posta en marcha da infraestrutura e avanzou que o Concello tomará posesión o vindeiro mes de maio.