O goberno Central xa traballa na licitación do estudo técnico que solucionará o abastecemento de Vigo

martes, 22 xan 2019

Abel Caballero deu conta do avance dos pregos da licitación do estudo que buscará a mellor alternativa para solucionar o problema do abastecemento en Vigo. En rolda de prensa, tamén anunciou a súa presenza na conferencia que pronunciará mañá mércores o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, responsable do departamento que licitará o devandito proxecto.

Unha mostra fotográfica leva "As mil caras das Illas Cíes" ata a peonil do Calvario <br />

martes, 30 out 2018

Abel Caballero inaugurou este martes unha exposición fotográfica que percorre o patrimonio cultural, xeolóxico e histórica das Illas Cíes ao longo de preto de 40 paneis. O obxectivo da mostra, situada na peonil do Calvario, é achegar á cidadanía a riqueza natural e patrimonial do arquipélago vigués, dentro da promoción para converterse en Patrimonio da Humanidade. <br />

Vigo organiza o ciclo de conferencias "Falemos de Cíes" para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade

xoves, 12 xul 2018

Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello organizará entre xullo e decembro un ciclo de conferencias para promover a candidatura de Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade. "Vigo segue así coa súa folla de ruta de promoción de Illas Cíes cunha candidatura que conta co respaldo da cidadanía e da comunidade científica nacional e internacional", destacou o alcalde.

Concello e Comunidade de Montes cooperarán no proxecto do Anel Verde que arrancará este ano

martes, 5 xuñ 2018

O goberno local xa está a traballar na contratación do proxecto do Anel Verde que xa contará nos orzamentos do exercicio que vén cunha partida económica aínda que este anos xa se comezará coa plantación nalgunhas zonas. O rexedor avanzou esta mañá que o deseño contará coa cooperación da Mancomunidade de Montes cos que quere alcanzar un "acordo total". <br />