Continúa en marcha a campaña "Un neno un alimento" de Vigozoo

martes, 21 dec 2004

A entidade iniciou unha campaña de recolección de alimentos en colaboración coa orde "Hermanos Misioneros de los enfermos pobres", que se encarga da súa distribución. O programa vai dirixido aos nenos, que poderán entrar de balde a cambio dun alimento e participar en concursos de debuxo e redacción. A campaña permanecerá en marcha ata o próximo 7 de xaneiro.

Concello de Vigo e Aqualia asinan o convenio para a execución de obras de abastecemento e saneamento de auga por un importe superior aos 5 millóns de euros

xoves, 30 set 2004

A alcaldesa e o director xerente de Aqualia asinaron un convenio que inclúe, entre outros, o proxecto de ampliación da infraestructura de saneamento de Zamáns e a automatización do colector de marxe de ría. A empresa concesionaria otórgase un prazo de 18 meses para realizar tódalas actuacións previstas.

A web do Concello de Vigo proporciona os recibos dos impostos municipais

xoves, 10 xul 2003

A web municipal permítelles aos cidadáns imprimir os recibos das taxas e impostos municipais sen esperar que llelos envíe o Concello de Vigo ou sen ter que se desprazar ata as oficinas da praza do Rei. Así, os vigueses poderán adiantar o pago dos recibos sen necesidade de estar na cidade e emendar problemas como extravíos.