O Concello reforza os servizos de bus e limpeza pola Reconquista e o Celta-Dépor

xoves, 31 mar 2016

O alcalde anunciou este xoves reforzos no VITRASA e na limpeza o sábado e o domingo, fin de semana na que coinciden a Reconquista e o derbi. En limpeza, o goberno de Vigo aumenta a dotación de vehículos e operarios no casco vello e en Balaídos. No transporte, o C1 amplía horarios e frecuencias, e habilítase un servizo especial para conectar Navia e a Travesía co centro.

O rexedor súmase aos Bombeiros na celebración do día do seu patrón

martes, 8 mar 2016

Abel Caballero reiterou hoxe martes o orgullo que sente a cidade ao contar cun corpo de Bombeiros como o de Vigo. Durante a tradicional exhibición organizada en San Rafael con motivo do día do patrón -San Juan de Dios- Caballero eloxiou o traballo e o compromiso destes profesionais cos que, a continuación, compartiu xantar nas instalacións de bombeiros de Teis. <br />