martes, 14 xul 2020
O maxistrado do Tribunal Constitucional será o encargado de ler o pregón no acto que se celebrará nos xardíns do Pazo de Castrelos o vindeiro xoves, 23 de xullo. Ademais, o alcalde convocou un Pleno extraordinaria no que Isaura Abelairas presentará a súa renuncia ao cargo de concelleira tras ser elixida deputada no Parlamento de Galicia.
mércores, 8 xul 2020
O alcalde, Abel Caballero, firmou este mércores xunto ao delegado da Zona Franca, David Regades, o protocolo de colaboración para ampliar o polígono de Balaídos. “É importante xerar solo industrial na cidade porque non podemos volver atoparnos coa situación de que haxa empresas que non poidan quedar en Vigo por falta de chan", sinalou o rexedor.
mércores, 8 xul 2020
Na cidade hai nestes momentos 5.419 vados que non terán que aboar a taxa correspondente a 90 días correspondentes ao estado de alarma. Amais, o goberno municipal bonificará o 100% das taxas de actividade e instalacións de locais de ata 150m2, a licenza de obras de adaptación de locais e actividades e o ICIO
martes, 7 xul 2020
Abel Caballero anunciou que os negocios non terán que pagar a taxa municipal de agua durante os días que estiveron pechados polo estado de alarma. O Concello abonará á concesionaria tanto as cantidades xa pagadas nos recibos cargados como nas vindeiras facturas.
mércores, 1 xul 2020
Na moción socialista, aprobada este mércores no Pleno cos votos a favor de tódolos grupos salvo a abstención dos populares, ínstase ao presidente da Xunta a que recoñeza o papel de Peinador no sistema aeroportuario galego e a súa contribución á economía da área metropolitana.
martes, 23 xuñ 2020
Abel Caballero informou este martes da decisión do goberno local de aprazar de novo o pago de todos os impostos municipais. O alcalde tamén destacou que o Concello pagou aos seus provedores nun prazo medio de 9,6 días.
mércores, 27 mai 2020
O Pleno do Concello de Vigo aprobou este mércores na súa sesión ordinaria de maio unha modificación orzamentaria para dotar ao departamento de Benestar Social unha nova partida de 870.000 euros. O goberno local destacou que no primeiro trimestre do ano xa se comprometeron máis de 130 millóns do orzamento.
martes, 26 mai 2020
O alcalde explicou que a decisión se toma dada a recuperación da actividade comercial e de hostalería pola que se está detectando rotación no uso dos aparcamentos regulados.
martes, 26 mai 2020
Abel Caballero deu conta esta mañá dunha sentenza do TSXG que avala, unha vez máis, a ordenanza fiscal do IBI pola que a concesionaria ten que pagar máis de 900.000 euros ás arcas municipais. O tribunal dálle a razón ao Concello e desestima o recurso interposto pola Xunta e a empresa xestora do hospital.
xoves, 21 mai 2020
O alcalde de Vigo cifrou en máis de medio millón de euros as medidas de reactivación económica que está a desenvolver o Concello. Axudas á contratación así como apoio e asesoramento a autónomos e pequenas empresas son algunhas destas accións, que se suman aos apoios de Zona Franca e aos da Deputación de Pontevedra.