Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Temas
Subscribirse


 
venres, 30 de marzo 2001

Imprimir | Enviar

Cinco praias de Vigo candidatas á obtención da Bandeira Azul




A Concellería de Medio Ambiente presentou cinco praias de Vigo como candidatas á obtención do distintivo europeo de Bandeira Azul. O obxectivo desta campaña é conseguir un desenvolvemento sostible do turismo e a xestión ambiental no conxunto do litoral do municipio, congruente coas esixencias requeridas.

O Concello de Vigo remitiu, o pasado 7 de febreiro, a documentación esixida para optar a esta distinción europea e, desde a Concellería de Medio Ambiente e Infraestructuras, iniciáronse as xestións e traballos precisos para a mellora destas áreas. Entre outras actuacións, promoverase a recuperación das zonas sensibles no litoral xunto cunha potenciación de actividades e de información ambiental.

A escolla das praias está motivada polo cumprimento duns requisitos que, na actualidade, só presentan algunhas do municipio baseados na calidade da auga, na información e educación ambiental e na xestión medioambiental (infraestructuras e servicios).

Estes apartados diferéncianse en imperativos, entendidos como aqueles requisitos de obrigado cumprimento, e en guías, que son os aconsellables, aínda que no futuro tamén pasarán a seren imperativos.

Entre os imperativos podénse destacar, entre outros, estándares establecidos pola directiva comunitaria en augas de baño, ausencia de verquidos industriais, augas residuais, limpeza regular e suficiente da praia, accesos doados e seguros e a prohibición e control de animais domésticos na area.

Das cinco candidatas á obtención da Bandeira Azul, solicítase por vez primeira para a praia da Punta e de Argazada (Samil), e procurarase recuperar na praia do Vao, que fora galardonada por última vez en 1998. Pedirase tamén para as que xa dispoñen do distintivo como son a praia de Rodas (Cíes) e O Tombo do Gato.

O distintivo da Bandeira Azul pretende implicar os cidadáns na conservación do contorno, mesmo nos sitios de afluencia turística, polo que será necesario facilitar información mediante campañas de cara á sensibilización ambiental.

Preténdese, en definitiva, que as praias concorridas e organizadas respecten aquelas condicións hixiénicas, sanitarias e ambientais que a lexislación vixente esixe para garantir unhas condicións de seguridade e de benestar dos usuarios, para o que se fai necesaria a súa implicación no mantemento e conservación do contorno.











Imaxes cedidas polos departamentos de Medio Ambiente e de Cartografía.

Outros temas
Memoria Reconquista 2014

Memoria Reconquista 2013

Memoria das noticias do Xornal. Xuño a Decembro 2007

Plan local de drogodependencias e outras adiccións

¿Xogas?, en galego podemos

Mocións ao Pleno da Corporación

Ver todos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003