Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Temas
Subscribirse


 
luns, 10 de xuño 2002

Imprimir | Enviar

Rehabilitación de rúas e prazas no Barrio Histórico




As obras de mellora das rúas e prazas que se recollen neste artigo descríbense a continuación de forma resumida, atendendo ós diferentes apartados que as compoñen.

DEMOLICIÓNS E DESMONTAXES

• Demolicións

3.250 m2 de demolición de soleiras de formigón situadas baixo os pavimentos preexistentes, 157 m2 de demolición de pavimento de aglomerado asfáltico, 150 m2 de demolición de pavimentos de baldosa hidráulica.

• Desmontaxes

Desmontáronse 1.607 m2 de pavimentos preexistentes de lastro ou chapaplana de granito, 2.145 m2 de lousados de granito, 1.093 m2 de lousados de granito para o seu posterior aproveitamento e 53 ml de bordos de granito.

MOVEMENTOS DE TERRAS

• Escavacións

525 m3 de escavación en gabias en distintos tipos de terreo, 1.282 m3 de retirada de terras na preparación das caixas para os pavimentos, 5.005 m2 de perfilado, repaso e compactación en caixas ata alcanzar unha densidade do 95% PM.

REDES DE SERVICIOS URBANÍSTICOS

• Saneamento

Renóvase e complétase a rede existente, empréganse colectores de PVC ríxido de diversos diámetros conectados á rede existente, pozos de rexistro, arquetas de evacuacións domiciliarias e sumidoiros de recollida de augas pluviais.

A rede de saneamento componse de 731 ml de canalizacións enterradas de PVC ríxido de Ø200 mm, 54 ml de canalizacións enterradas de PVC ríxido de Ø250 mm, 452 ml de canalizacións enterradas de PVC ríxido de Ø315 mm, 198 ml de canalizacións enterradas de PVC ríxido de Ø400mm, 70 pozos de rexistro circulares de 1,00 m de diámetro interior, confeccionados a base de aros prefabricados de formigón e peitorís troncocónicos prefabricados para asento de marco e tapa e/ou sumidoiros sifónicos, asentados sobre soleira de formigón e con quenlla de fondo formada por media cana de asento con tubo de PVC.

Para a recollida de augas pluviais instaláronse 25 tapas de sumidoiros sifónicos sobre pozos de rexistro e 47 ml de reixas sumidoiros lineais de fundición dúctil sobre arquetas de ladrillo semimacizo a media hasta.

Para a conexión das saídas domiciliarias ós colectores colocáronse 180 arquetas de rexistro coas súas correspondentes tuberías de acometida a pozos de PVC.

Para a canalización das posibles augas filtradas a través dos pavimentos dispúxose baixo as bases de formigón (soleiras) un sistema de drenaxe composto por 632 ml de tubería de drenaxe de PVC de Ø80 mm, conectada ós pozos de rexistro.

• Abastecemento e rega

Substitúense os tramos da rede de abastecemento que se encontran deteriorados e mantense a rede existente que se encontra en bo estado, respectando tódalas acometidas domiciliarias, bocas de rega ou chaves existentes, increméntase o número de bocas de rega.

As redes substituídas nas rúas da Anguía, Ferrería, Baixada a Herba, Cesteiros, praza da Esperanza e contorno compóñense de 322 ml de canalización enterrada de fundición Ø100 mm, colocada en gabias sobre cama de area de río, 11 válvulas de comporta para Ø100 mm e unha válvula para Ø150 mm, 12 arquetas para chaves en tuberías de abastecemento, de diámetro <150 mm e presión de traballo de 10 atm.

Realizáronse 135 acometidas domiciliarias á rede xeral de abastecemento nas rúas da Anguía, Ferrería, Baixada a Herba, Cesteiros, Real, praza de Almeida, praza da Esperanza e contorno e Poboadores, formadas por colar de toma Ø200/2 1/2”, cóbado 90º e válvula de esfera 2 1/2”, conexión mediante tubería de polietileno 2 1/2”, instaláronse 148 arquetas para acometida domiciliaria á rede xeral de abastecemento, de dimensións 15x20x20 cm, con marco e tapa de fundición dúctil.

Instaláronse 11 bocas de rega compactas de fundición, de Ø40 mm e enlace rosca de 1 1/2”, conectadas á rede mediante tubería de polietileno de 40 mm.

• Telefonía

Disponse unha rede de canalización telefónica con acometidas individuais e en canalizacións subterráneas para a posterior eliminación dos tendidos de fachada, conectada coa rede existente subterránea e formada por tuberías de PVC en gabia coas arquetas correspondentes. As acometidasdomiciliarias realízanse dende ditas arquetas ás medianeiras entre edificacións.

A rede componse de 800 ml de canalización formada por 2 tubos de PVC de Ø110 mm, 57 ml de canalización formada por 2 tubos de PVC de Ø63 mm, 437 ml de canalización para 8 tubos de P.E.A.D. de Ø40 mm, 437 ml de canalización para 4 tubos de P.E.A.D. de Ø40 mm, 2 arquetas tipo D para canalización telefónica de dimensións 180x139x100 cm executadas con formigón H-150, 51 arquetas tipo H para canalización telefónica de dimensións 110x100x100 cm executadas con formigón H-150 e 51 tapas de fundición para arquetas de telefonía.


• Iluminación

Sotérrase a rede de iluminación pública existente, emprégase tubo de PVC corrugado, dispóñense arquetas de rexistro e de cruzamento con cerco e tapa de fundición. Para a conexión de farois en fachada dispóñense arquetas de derivación das que parte un tubo metálico de aceiro grampado.
A rede componse de 503 ml de canalización de iluminación con tubos de PVC corrugado de Ø80 mm, 390 ml de canalización de iluminación con tubos de PVC reforzado de Ø110 mm, 24 arquetas para rexistro de canalización de iluminación pública de dimensións 50x50x100 cm con marco e tapa de fundición de 50x50 cm, 65 arquetas para derivación ou paso de canalización de iluminación pública de dimensións 15x20x20 cm con marco e tapa de fundición de 15x20 cm, 1.167 ml de liña repartidora con cable de cobre 3,5x25 mm2, con illamento 0,6/1 KV, baixo tubo de PVC corrugado.

• Baixa tensión

Prevese o soterramento da rede existente, para iso se dispúxose unha rede enterrada conectada ás arquetas existentes e formada por tubos de PVC corrugado de dobre parede, arquetas de acometida domiciliaria (non en todo o ámbito) situadas nas divisións de parcelas e arquetas de rexistro nas cabeceiras. A rede componse de 503 ml de canalización para baixa tensión con 1 tubo de PVC de Ø200 mm e 1 tubo de PVC de Ø110 mm, 801 ml de canalización con 1 tubo de PVC de Ø160 mm e 1 tubo de PVC de Ø110 mm, 538 ml de canalización con 1 tubo de PVC de Ø110 mm, 390 ml de canalización con 1 tubo de PVC de Ø200 mm e 34 arquetas situadas en medianeiras e cabeceiras para rexistro de canalización de baixa tensión de dimensións 40x40x50 cm.

• Usos múltiples

Dispúxose unha rede para usos non definidos na actualidade (telecomunicacións, etc.), de lonxitude 883 ml, formada por dúas tuberías de PVC corrugado de 75mm de diámetro, con arquetas de acometidas domiciliarias situadas nas divisións de parcelas (medianeiras) e arquetas de rexistro nas cabeceiras.


PAVIMENTO

• Bases ríxidas

3.750 m2 de bases ríxidas baixo pavimentos, formadas por soleiras de formigón de 15 cm de espesor armadas con mallazo de 15x30x5 mm.

• Bases flexibles

210 m2 de bases flexibles baixo pavimentos formadas por extendido e compactado de balastros.

• Pavimento de lousas de granito

210 m2 de lousados realizados sobre base flexible na rúa Cesteiros. Materiais: lousas de granito reutilizadas mesturadas con lousas de novo aporte, asentadas sobre base de balastros, lámina de xeotéxtil e tomadas sobre morteiro en seco formado por dez partes de area e unha de cemento rexuntado formado por tres partes de area, unha de cemento branco, media de cal e ocre.

4.035 m2 de lousados realizados sobre bases ríxidas. Materiais: lousas de granito tostado ou dourado entre as que se mesturan as lousas reutilizadas dos pavimentos desmontados, asentadas sobre morteiro en seco formado por dez partes de area e unha de cemento, rexuntado formado por tres partes de area, unha de cemento branco, media de cal e ocre. Dimensións: anchos variables entre 30 e 50 cm, en submúltiplos crecentes de 5 cm, longos variables. Acabado: abuxardado a 3 puntas.

• Pavimento de chapacuña

943 m2 de pavimento de chapacuña recercado por lousas de granito sobre bases ríxidas. Materiais: chapacuña de lousa asentada sobre morteiro en seco formado por dez partes de area e unha de cemento, rexuntado formado por tres partes de area, unha de cemento branco, media de cal e ocre.

• Pavimento de lastros

24 m2 de pavimento de lastros sobre bases ríxidas. Materiais: lastros de granito reutilizados nun 80% asentados sobre morteiro en seco formado por dez partes de area e unha de cemento, rexuntado formado por tres partes de area, unha de cemento branco, media de cal e ocre.

• Bordos

42 ml de pezas de bordo de granito de sección 30x40 cm e longos variables, colocado na cabeceira da rúa Ferrería, peraltado respecto ó lousado con obxecto de impedir o acceso de vehículos ó mesmo. 115 ml de pezas de bordo de sección 32x18 cm.

• Limpeza e rexuntado de pavimentos existentes

1.176 m2 de limpeza e rexuntado de pavimentos existentes nas rúas Real, Oliva, adro da Colexiata e conexión Palma-Oliva, con chorro de auga e/ou area a presión, rexuntado con canleas de morteiro formado por tres partes de area, unha de cemento branco, media de cal e ocre.

• Reparacións de pavimentos en mal estado

45 m2 de reparacións en pavimentos consistentes en levantado de pezas en mal estado, desniveladas, etc. e colocación das novas pezas.

MOBILIARIO URBANO E OUTROS ELEMENTOS

• Iluminación

3 luminarias de parede, modelo Villa, con escuadra de parede de 70 cm e equipo composto por reactancia, cebador, portalámpadas, regreta e caixa de conexións, lámpadas de vapor de sodio de alta presión.

• Bancos

6 bancos modelo «Marina», fabricados por Mobles 114 Barcelona, deseño de «Massana y Tremoleda», arquitectos. Materiais: asento e respaldo de listóns de madeira maciza de bolondo (elondo) natural tratada con lasures, pés de fundición de aliaxe de aluminio de baixa presión, inoxidable e anticorrosible, parafusería de unión ós listóns con tratamento Delta Tone Din 50021 resistente á bruma salina, fixación ó solo con parafusería adaptable embutida en taco plástico. Dimensións: longo 230 cm, versión sen brazos.

• Bolardos

25 piares fixos modelo «Vía Julia», no acceso á rúa Ferrería, fabricadas por Fundició Dúctil Benito Barcelona. Materiais: fundición pintada en negro, altura total: 650 mm, diámetro: 230 mm-240 mm.

• Sinalización de servicios urbanos

Pezas de sinalización e rexistro das arquetas dos distintos servicios urbanos situadas baixo o pavimento, formadas por escudo e argola de fundición de latón naval (aliaxe de latón, aluminio e magnesio), coa indicación do servicio, fabricadas por Modelos y Fundiciones Beneyto, S.L. Vigo.

• Árbores

1 árbore de folla caediza situada no acceso á rúa da Ferrería.



Outros temas
Memoria Reconquista 2014

Memoria Reconquista 2013

Memoria das noticias do Xornal. Xuño a Decembro 2007

Plan local de drogodependencias e outras adiccións

¿Xogas?, en galego podemos

Mocións ao Pleno da Corporación

Ver todos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003