Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 24 de marzo de 2008

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A cuberta da rúa Pescadería reformarase para evitar filtracións da chovia, o impacto do vento e a forte calor

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este luns unha reunión cos comerciantes, as ostreiras e os hosteleiros do Casco Vello para presentarlles o anteproxecto de reforma da rúa Pescadería. Na xuntanza os afectados manifestaron as súas propostas de mellora, de xeito que o proxecto final levarase a cabo co consenso de Concello, comerciantes e ostreiras.




"Cremos que coas aportacións plantexadas vai quedar unha moi boa solución para que poida ser utilizada todos os días do ano sen os problemas causados pola choiva ou o vento", salientou o tenente de alcalde. Neste sentido, indicou que unha das melloras indicadas polos afectados refírese á instalación de quitaventos inclinados que, ao igual que o resto de solucións plantexadas serán móbiles. Sinalou tamén que por enriba da cuberta que existe na actualidade instalarase unha cuberta de vinilo, co obxectivo de evitar os problemas causados pola choiva.

Santi Domínguez manifestou a súa vontade de que a licitación das obras sexa a mediados de abril, coas melloras xa incorporadas e indicou que os 50.000 euros de orzamento do anteproxecto incrementaranse ao engadir as suxestións plantexadas hoxe. Así mesmo, o tenente de alcalde expresou a súa intención de seguir mantendo encontros cos comerciantes e hosteleiros do Casco Vello para "seguir falando da revitalización da zona" e neste sentido anunciou que nos próximos días farase público o prego de condicións das obras de humanización da rúa Teófilo Llorente.

Entre as iniciativas que se levarán a cabo dende a Concellería de Turismo, Santi Domínguez mencionou tamén a oferta de cursos de formación para as persoas interesadas en aprender o oficio das ostreiras, "de xeito que poidan tomar o relevo no momento en que as que teñen os seus postos hoxe en día queiran xubilarse" . O obxectivo é que a tradición das ostras se manteña unha vez que estas mulleres decidan deixar o seu lugar. O tenente de alcalde quere garantir que esta tradición da nosa cidade non se perda.
Mais noticias
O Auditorio será inaugurado en 2011 mantendo o esencial da súa infraestrutura
O Pleno concede a Medalla da Cidade aos estaleiros Hijos de Barreras
Exposición: "O himno. Os tempos son chegados"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003