Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 29 de maio de 2003

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Día da muiñeira congregará 2.600 participantes na rúa Venezuela

A Concellería de Festas e El Corte Inglés patrocinan o Día da muiñeira que se celebrará o domingo 1 de xuño na rúa Venezuela con 182 grupos participantes procedentes de toda a provincia.

O Día da muiñeira chega á súa 33 edición baixo a dirección de Wenceslao Cabezas "Polo" e coa colaboración de El Corte Inglés desde que se asentou na cidade. Aguas Cabreiroá, Dulcesol e Coca-Cola tamén ofrecen os seus productos para os participantes no evento. Os autobuses que desparazarán os bailaríns e músicos son 43 en total e distribuiranse pins conmemorativos do acto.

Durante unha hora bailaranse unha muiñeira, unha xota e unha ribeirana para darlle paso a un desfile da "Banda de gaitas da provincia de Pontevedra", integrada por 70 compoñentes que tamén teñen previsto actuar en outubro na festa de san Patricio de Nova York.

El Corte Inglés enlaza este acto coa promoción de Galicia mediante unha campaña comercial con repercusión nacional a través da moda, gastronomía, artesanía, turismo e arte.

A concelleira en funcións Isaura Abelairas arrincoulle o compromiso ao responsable comercial de El Corte Inglés para patrocinar a edición dun DVD que recolla as distintas modalidades interpretativas de percusión do director da Escola municipal de danza que quedará como herdanza para as novas xeracións.
Mais noticias
Consello da Xerencia de Urbanismo
Normas para as fogueiras da noite de san Xoán
Touporroutou ofrece unha xornada de xogos na ludoteca de Lavadores


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003