Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 10 de xaneiro de 2020

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


FEMP e FEGAMP reclaman que o financiamento de concellos e autonomías se negocie ao mesmo tempo

Abel Caballero e Alberto Varela mantiveron esta mañá a primeira reunión como responsables das máximas institucións municipais de España e de Galicia. Un encontro moi "cordial" no que fixeron un repaso dos temas prioritarios para os concellos entre os que destacaron o financiamento local, que debe ser negociado co Estado ao tempo que a financiación das autonomías.




O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, recibiu esta mañá ao presidente da FEGAMP, Alberto Varela na que foi a primeira visita institucional do alcalde de Vilagarcía como máximo representante da Federación Galega de Municipios e Provincias. Ambos líderes coinciden na "concepción da acción municipal" porque os problemas da cidadanía resólvense cada vez máis na cercanía. A mellora do financiamento municipal é o reto máis importante para administracións locais. En primeiro lugar e no ámbito español, o presidente da FEMP reclamará como prioridade que o financiamento municipal se negocie ao mesmo tempo que a novo financiamento autonómico.

Caballero lembrou que tal e como recolle a Constitución, o os ingresos dos concellos proceden dos seus propios impostos, da fiscalidade do Estado e das autonomías e neste punto hai disparidade entre unhas e outras, destacando Galicia como unha das peores de España nestes momentos. Vigo, insistiu, recibe do Goberno de España en transferencias de cooperación municipal 75 millóns, mentres que a Xunta lle transfire 5 millóns, unha cifra "ridícula", sobre todo se temos en conta que o Concello de Vigo asume obrigas autonómicas por valor superior aos 21 millóns de euros.

Por tanto, é preciso que a Xunta aumente os fondos de cooperación municipal de asignación incondicionada (os que non precisan trámites ulteriores). Tamén reclamou a revisión dos criterios de asignación deses fondos dado que ata o de agora aplícase, dixo, un reparto sectario e con criterio político. Abundando na cuestión, o presidente da FEMP advertiu de que "non imos aceptar ningunha obriga nin competencia das comunidades autónomas, en xeral e da Xunta de Galicia, en particular, que non veña acompañada do financiamento oportuno negociado.

Respecto das fórmulas de financiamento de proxectos locais, criticou que o actual sistema de elección sexa a orde de presentación, cando, na súa opinión, deberían articularse criterios obxectivos de reparto con prazos establecidos de presentación de solicitudes. Esta crítica esténdese ao reparto de fondos discrecionais en materia de plans de emprego, por exemplo, que seguen "criterios sectarios" na súa adxudicación.

O alcalde de Vigo insistiu en que desde a Federación Española apoiará á federación territorial dos concellos ante calquera decisión "abusiva" que tomen as comunidades autónomas en contra dos intereses dos concellos. Caballero e Varela acordaron cooperar na denuncia de calquera lei antimunicipalista impulsada desde a Xunta.

Pola súa banda, Alberto Varela concordou con Caballero na necesidade de que FEMP e FEGAMP traballen de xeito coordinado, cada un co seu interlocutor, Estado e Comunidade Autónoma, respectivamente. Referiuse ao financiamento local como un dos retos para que os concellos sexan recoñecidos ao nivel das autonomías tal e como recolle o artigo 142 da Constitución e que "deixen de ser considerados como os irmáns pequenos do Estado". Na súa intervención coincidiu co alcalde de Vigo en reclamar máis fondos de cooperación local e criterios de adxudicación obxectivos.
Mais noticias
O BOE publica a adenda do convenio para garantir o abastecemento de auga en Vigo
O Concello inicia a próxima semana os traballos para humanizar Ronda de don Bosco


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003