Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 09 de xaneiro de 2020

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero enxalza a "brillantísima exposición" de Laxeiro na Casa das Artes

A colección permanente da obra de Laxeiro abre unha nova etapa na Casa das Artes de Vigo cambiando o percorrido das obras e incorporando documentación e unha liña de vida do "pintor, artista galego máis importante do século XX".




Tras a visita realizada este xoves á nova proposta expositiva da colección permanente de Laxeiro na Casa das Artes, Abel Caballero convidou á cidade a visitar a mostra coa que "queremos lanzar a traxectoria do "pintor, artista galego máis importante de todo o século XX" cunha nova forma de entender a súa obra a través dunha formulación expositiva distinta que cualificou de "brillantísima".

"Colección permanente, unha nova lectura" de Laxeiro está conformada por 65 obras que nunha "extraordinaria exposición do significado do pintor na renovación da pintura europea" onde pode apreciarse, segundo apuntou o alcalde, "a influencia que nel teñen desde Picasso a Solana" e observar a súa evolución como artista.

A nova proposta expositiva da colección cambia o percorrido cronolóxico das obras, combinando estilos, linguaxes, xéneros e cronoloxía e incorporando documentación da traxectoria artística de Laxeiro e unha sala nova cunha liña de vida.

O rexedor explicou que o Concello ten unha "moi importante" obra depositada na Fundación Laxeiro xunto a outras obras que se atopan no Museo Quiñones de León en Castrelos.
Mais noticias
As obras da Porta do Sol comezarán a semana do 20 de xaneiro con desvíos de tráfico e catas de servizos
O alcalde inicia contactos co novo Goberno reuníndose coa presidenta de ADIF
O Concello retoma a vindeira semana as obras de reforma da Gran Vía
Vigo eleva ao 74% a ocupación hoteleira na fin de semana do 6 de xaneiro
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003