|
 |
O CEIP Eduardo Pondal abre a súa nova biblioteca, remodelada co apoio do Concello
O alcalde foi invitado a participar este venres no acto de inauguración da nova biblioteca escolar. As reformas executadas foron financiadas en gran parte coa partida de autoxestión que o Concello de Vigo adica ao centro.
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Abel Losada, desprazáronse este venres ata o CEIP Eduardo Pondal e asistiron ao acto de inauguración organizado polo colexio, que contou coa presenza e participación dos escolares e profesorado.
Logo dunhas breves verbas dirixidas polo alcalde ao alumnado, e tamén despois do protocolario corte de cinta, os escolares interpretaron tres cancións e unha regueifa coa que puxeron fin ao breve acto de apertura da nova biblioteca do CEIP Eduardo Pondal. |
 |
|