Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 29 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello inaugurará o 23 de decembro o tramo do carril bici que vai de Venezuela a Camelias

O próximo 23 de decembro Vigo contará cun novo tramo de carril bici operativo, o que discorre entre a Praza Independencia e o cruce de Venezuela con Gran Vía. Deste xeito, avanza un proxecto que conta cun orzamento de 4,5 millóns, dos que 3,5 proceden de fondos da Deputación de Pontevedra.

O alcalde avanzou esta mañá que o 23 de decembro entrará en servizo o tramo de carril bici que vai desde a Praza Independencia ata o cruce de Venezuela con Gran Vía. Este percorrido vense sumar ao tramo xa inaugurado o pasado mes de setembro, o correspondente á Avenida Castelao, en Coia (desde Praza de América ata o Volcán).

Tal e como detallou o rexedor, este proxecto, cun importe de 4,5 millóns, está financiado a través dun convenio entre Concello e Deputación, polo que a institución provincial achega 3,5 millóns e a administración local, 953.000 euros.

Xunta de Goberno
O rexedor deu conta esta mañá da aprobación en Xunta de Goberno de varios convenios de colaboración con distintas entidades da cidade. En primeiro lugar, referiuse á Asociación de mariñeiros artesanais e deportivos de Bouzas, que recibirán 16.000 euros no marco do fomento do emprego e da difusión da cultura mariñeira. As asociacións de veciños Curva de San Gregorio e Vigo Novo, recibirán 6.800 e 5.000 euros, respectivamente; mentres que a CIG poderá financiar parte das súas actividades cunha achega de 15.000 euros. Finalmente, a Asociación de persoas xordas de Vigo poderá cofinanciar a contratación dun intérprete en linguaxe de signos cunha subvención de 7.000 euros.
Mais noticias
Caballero rende homenaxe a Manoel Soto no seu funeral "no nome de toda a cidade"
O Nadal de Vigo abre esta fin de semana a Casa de Papá Noel e as pistas de xeo e karts
O CEIP Eduardo Pondal abre a súa nova biblioteca, remodelada co apoio do Concello


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003