Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 27 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Pleno aproba inicialmente o regulamento do servizo de transporte urbano en autobús

A Corporación Municipal de Vigo deu o seu visto e prace inicial ao regulamento do servizo de transporte urbano de viaxeiros en autobús da cidade. De forma inmediata o proxecto queda a exposición pública para recibir alegacións e ser aprobado de forma definitiva nunha nova sesión plenaria.

O Pleno Municipal ordinario do mes de novembro aprobou de forma inicial na súa sesión celebrada este mércores o regulamento do servizo de transporte urbano de viaxeiros en autobús de Vigo. O visto e prace do proxecto saíu adiante cos votos do PSOE e coa oposición do concelleiro non adscrito, o grupo mixto e o PP.

"Por lei, antes de conceder o servizo, ten que quedar regulado e no documento queda reflectido que o Concello organizará e controlará tanto as liñas como as paradas, tarifas, horarios e títulos", sinalou o concelleiro Javier Pardo durante a súa exposición.

Tanto Xabier Pérez Igrexas, concelleiro non adscrito do BNG, como Rubén Pérez, do grupo mixto pola Marea de Vigo, mostraron a súa desconformidade polo feito de que o goberno local rechazar as súas emendas ao regulamento. Pola súa banda, Alfonso Marnotes, do PP, sinalou que o seu grupo compartía a decisión da xestión indirecta e solicitou axilidade na tramitación do Plan Xeral.

O regulamento forma parte dos traballos preparatorios do novo contrato de transporte urbano colectivo e o obxectivo é regular as condición xerais de prestación e utilización do servizo de transporte urbano e os dereitos e obrigacións de usuarios e empresa. Tras esta aprobación inicial, o regulamento queda a exposición pública e posteriormente volverá ao pleno para o prace definitivo.

Modificación orzamentaria
Ademais, o Pleno aprobou cos votos a favor de PSOE e PP (concelleiro non adscrito e grupo mixto votaron en contra) a aprobación inicial de Modificación Orzamentaria da Xerencia Municipal de Urbanismo cunha cantidade de 1,6 millóns de euros para facer fronte a unha sentenza e a expropiacións.
Mais noticias
Vigo insta á Xunta a que rehabilite os edificios afectados polas obras do albergue de peregrinos
Todos os grupos reclaman á Xunta 12 millóns para reformar centros educativos de Vigo
Abel Caballero, na preestrea da nova tenda Lidl en Teis
Declaración institucional do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003